- PROMOCIÓN E DIFUSIÓN internacional do proxecto e do Programa Espazo Atlántico
Difusión a nivel internacional do proxecto DORNA e do Programa Espazo Atlántico a través de: numerosos eventos e accións, tais como páxina web, publicación de anuncios en prensa, cuñas de radio, materiais de promoción, exposicións, xornadas de presentación e de peche.
- IDENTIFICACIÓN: Creación dunha base de datos do patrimonio náutico do Espazo Atlántico:
Catalogación sistemática de embarcacións, técnicas de construción e navegación tradicional, etc. identificando o patrimonio náutico do Atlántico europeo para facilitar a supervivencia e valoración do oficio e modelos náuticos tradicionais.
- INVESTIGACIÓN: Elaboración dun Plan de mellora de infraestruturas de estaleiros tradicionais:
Crear un plan de mellora das infraestruturas físicas dos estaleiros tradicionais que poidan ser recuperados nas rexións do litoral atlántico europeo, para asegurar a súa conservación e posta en valor.
- COMPETITIVIDADE E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL: Desenvolvemento da marca BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo):
Estimúlase a busca de solucións para a mellora da competitividade dos estaleiros: comercialización; formación común, etc., favorecendo a supervivencia dos pequenos estaleiros a través das canles de comercialización e internacionalización de PEMEs.
- INNOVACIÓN: Creación de Espazos de innovación na carpintería naval tradicional.
O obxectivo é desenvolver unha estrutura de xestión que facilite a introdución con carácter permanente e continuo de criterios de investigación e innovación na construción de embarcacións tradicionais.
- DIVERSIFICACIÓN das economías locais como factor de desenvolvemento.
Promoción do patrimonio náutico do Espazo Atlántico como produto turístico de calidade e integrado, común a todos os países participantes, para favorecer así o desenvolvemento sustentable das economías locais a partir dun recurso endóxeno.
AMPLIACIÓN DO PROXECTO- REDE PERMANENTE DE COLABORACIÓN NA COSTA ATLÁNTICA EUROPEA
Deseñada como medida para promover a perdurabilidad do proxecto e capitalización dos resultados obtidos, a acción, persegue o fomento dunha rede que traballe de forma cooperativa na defensa, promoción e desenvolvemento da construción naval en madeira no Espazo Atlántico Europeo.
- CREAR UN PROTOTIPO DE BUQUE EN MADEIRA PARA AS ACTIVIDADES PROFESIONAIS DE PESCA ARTESANAL
Identificar as necesidades, deseño e definición de solucións construtivas para a construción dun prototipo de buque en madeira para as actividades profesionais de pesca artesanal no Espazo Atlántico Europeo baixo os principios de eco-construción, que responda os criterios de ergonomía e seguridade de uso, economía de construción, adaptado á alternancia de artes de pesca e conservando a identidade cultural das comunidades pesqueiras da Costa Atlántica.
- COMERCIALIZACIÓN DO PRODUTO TURÍSTICO “CULTURA MARÍTIMA ATLÁNTICA”
A acción proposta persegue desestacionalizar o turismo, dinamizar a economía e ofrecer alternativas de desenvolvemento sustentable para as rexións costeiras do Espazo Atlántico Europeo;
- PROMOCIÓN E DIFUSIÓN TRANSNACIONAL do proxecto e do Programa Espazo Atlántico
Co obxectivo de difundir os resultados do proxecto entre o seu público obxectivo, vaise pór en marcha unha campaña de difusión. Mediante a mesma preténdese atopar e deseñar unha mensaxe de valor que conecte co público obxectivo, elemento crave para lograr o cumprimento dos obxectivos do programa EA e unha comunicación eficaz.